CONDICIÓNS E TERMOS DE USO DO SERVIZO DE SUBSCRICIÓNS DA XUNTA DE GALICIA
Aviso legal
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do "Servizo de subscricións da Xunta de Galicia" (en diante "servizo") que se pon a disposición dos usuarios e usuarias a través de diferentes portais do Catálogo da rede integrada da presenza en internet da Administración.
Este servizo ofrece a posibilidade de converterse en susbcritores/as de boletíns electrónicos e/ou alertas informativas e facilita os procesos de alta/baixa/modificación por parte das persoas usuarias, así como a xestión dos datos achegados e o envío dos diferentes boletíns/alertas por parte da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel âxunta.galâ e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste servizo emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste servizo, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado do servizo con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste servizo, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste servizo e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste servizo, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do servizo e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Política de cookies
Este servizo utiliza cookies propias de tipo técnico. Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo para almacenalo no seu navegador e, desta forma, obter e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do equipo en cuestión. Existen 2 tipos de cookies:
- De sesión: créanse de forma temporal e unha vez que se abandona o sitio web son eliminadas.
- Permanentes: permanecen no navegador (durante o tempo que se establecese como período de duración do arquivo) e actívanse de novo cando se visita o sitio web que creou esa cookie.
Coa súa navegación vostede fai uso das cookies de sesión que utiliza este servizo. Estas son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do servizo por parte das persoas usuarias.
Protección de datos
As persoas usuarias deste servizo teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o servizo posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao servizo, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente servizo, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.